|
O 2 de febreiro, coincidindo coa celebración do Día Mundial das Zonas Humidas, a SGO presentou á galiñola negra ave do ano, en base ao seu papel como especie indicadora da calidade e problemas de conservación dos nosos humedais e a súa tendencia poboacional negativa nas derradeiras décadas. Coa finalidade de obter unha idea da situación actual da poboación nidificante de Fulica atra na nosa Comunidade Autónoma e poder contrastala coa observada nas últimas décadas, durante a primavera de 2014 levarase a cabo un censo a nivel galego da especie, para o cal establecéronse os catro obxectivos seguintes:
A metodoloxía proposta para o censo, ficha de censo e exemplo de ficha cuberta, e listado base de humidais potencialmente ocupados pola galiñola negra en Galicia, pódense consultar nas seguintes ligazóns: Ficha de censo en formato excel, word e pdf, e exemplo de ficha cuberta. Listado base de humidais potencialmente ocupados pola galiñola negra en Galicia. Os interesados en participar no censo (tanto nalgún dos humidais indicados no listado base como en calquera outro do seu coñecemento con presenza posible da especie) poden contactar co enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. |