SGO

 

A Anduriña de cú branco foi elixida ave do ano 2015 polos soci@s da SGO e os membros do foro Galiciaves. Esta especie caracterízase por ser pequena, compacta e ter a mitra branca. Ao igual que a Anduriña común, vive habitualmente ligada ás construccións humanas, donde constrúe os seus niños adosados ás edificacións, habitualmente de maneira colonial. Chega da súa invernada en África a principios da primavera e convértese nunha estampa habitual dos nosos pobos, vilas e cidades durante a tempada estival.

Os datos dos distintos programas de seguemento apuntan a unha tendencia xeral ao incremento no conxunto de España, aínda que para Galicia non existen datos específicos. A percepción, da maioría dos ornitólogos do país parece apuntar a unha disminución da poboación galega nas últimas décadas. De feito, existen datos máis ou menos recentes de desaparición de colonias da especie en númerosas zonas da nosa xeografía.

A elección da Anduriña de cú branco como Ave do Ano ven a representar a preocupación pola conservación das nosas aves comúns e migratorias. Os cambios socioambientais experimentados dende mediados do século en Galicia e no resto da Península Ibérica provocan cambios na distribución e abundancia de moitas destas aves. Coñecer estes cambios axuda a establecer estratexias de conservación e xestión axeitadas para as distintas especies. Por todo elo, dende a SGO consideramos necesario e indispensable o traballo de todos os afeizoados no seguemento e conservación das aves comúns.

Ao longo deste ano a SGO levará a cabo unha intensa recollida de datos sobre a distribución é abundancia de anduriña de cú branco co obxectivo de podermos ter ao final da tempada unha aproximación máis detallada da situación da especie en Galicia.

A recollida de datos realizarase a través de dúas metodoloxías principais:

  1. Recompilación de observacións actuais ou históricas, sendo preferentes os datos relativos a censos de nidificantes, grandes concentracións, primeiras chegadas, últimas partidas e eventos de invernada.
  2. Realización dun censo específico nunha localidade ou cuadrícula UTM.

Aquí dispoñibles as instruccións para o envío de observacións e censo de andoriña de cú branco.

Animámoste a participar enviando as túas citas ao NOG ou ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou contactando con este mail para participar no censo da localidade ou cuadrícula que te interese.