A Sociedade Galega de ornitoloxía nomeou á Charrela (Perdix perdix hispaniensis) ave do ano 2010 en Galicia.
Por tal motivo, os vindeiros 27 e 28 de novembro, celebrarase en San Román de Cervantes (Comarca dos Ancares) unha xornada para dar a coñecer o estado de conservación actual desta emblemática especie da nosa montaña.
As xornadas comenzarán a tarde do sábado con exposicións orais por parte de expertos no eido da conservación da charrela, tanto a nivel autonómico como estatal. A continuación o domingo pola mañá faremos unha excursión polos Ancares a algunha zona de presencia de charrela.
A asistencia á xornada está aberta a todas as persoas interesadas no tema.