SGO

O moucho Athene octua Linnaeus,1758) é un pequeno estríxido (Aves: Strigidae) de cor en xeral pardacenta, con grandes ollos de cor amarela (Figura 1).

Está repartido polo centro e sur de Europa, norte de África (desde Marrocos a Somalia), Oriente Próximo e sur de Asia (desde Arabia ata China). Residente, resulta en xeral común no seu extenso areal de distribución (Del Hoyo et al., 1999). Estendido por toda a península ibérica, falta só de zonas moi montañosas, de grandes áreas boscosas, e, de modo crecente, tamén de amplas áreas de Galicia e do Cantábrico. Escaso nas Baleares (Blas García & Muñoz Gallego, 2003).

A súa poboación mínima para o periodo 1998-2002 foi de case 40.000 parellas en España, se ben a falta de información dalgunhas zonas pode aproximar os efectivos ás 50.000-65.000 parellas entre 1975 e 1995 (Tucker & Heath, 1994; Purroy, 1997; Blas García & Muñoz Gallego, 2003).

Estimouse un declive moi significativo das súas poboacións en España, da orde do 3,6% anual entre 1998 e 2007 e do 3,2% anual entre 1998 e 2009, aínda que pareceu estabilizarse entre 2004 e 2008, cunha caída de só o 0,5% anual (Escandell, 2009; SEO/BirdLife, 2010).

En relación con isto, avaliouse un declive moderado da especie en territorio español entre 1998 e 2009 (SEO/BirdLife, 2010).

 

Folleto informativo