SGO

O lagarteiro Falco tinnunculus foi declarado pola SGO "ave do ano" en 2012.

Trátase, en principio, dunha ave común, ben distribuida e doada de observar. Non entanto as súas poboacións están a sufrir unha seria regresión, motivada por cambios no uso do chan. A perda de paisaxes agrícolas ou de carácter tradicionel substituídas por cultivos forestais intensivos con especies exóticas poden estar detrás deste declive do que non se teñen datos concretos. O intensivismo agrícola que emprega profusamente todo tipo de biocidas e limita as especies presa pode estar tamén entre as causas do seu declive.

Por todo elo a SGO plantexou unha actividade para o ano 2012 que tiña como obxectivos: coñecer cal é a distribución potencial do lagarteiro en Galicia ao longo de todo un ano, cubríndose así todo o ciclo biolóxico da especie a determinar, na medida do posible, qué factores, entre eles o hábitat, determinan esa distribución. Dado o caracter voluntario e popular deste tipo de actividades concibiuse como unha actividade na que puidera participar quen quixera sen ter que realizar un esforzo específico en tempo ou desprazamentos.

 

Folleto informativo