Sociedade Galega de Ornitoloxía, SEO/Birdlife, Sociedade Galega de Historia Natural, Adega, Verdegaia, Grupo Naturalista Hábitat e Amigos da Terra, co apoio de investigadores de recoñecido prestixio das tres Universidades galegas, solicitan á SM Ártabros, á Dirección Xeral de Conservación da Natureza é a Dirección Xeral de Patrimonio a modificación do trazado do VI Costa-Trail de Oleiros "Seixo Branco", polo seu impacto potencial sobre o patrimonio cultural e natural, e nomeadamente sobre unhas das principais colonias de cría a nivel galego e estatal de corvo mariño cristado, especie ameazada e catalogada como Vulnerable en Galicia.
Aquí podes descargar a solicitude á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.