SGO

16.12.2020

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante senteza asinada o 15 de decembro, da a razón á Sociedade Galega de Ornitoloxía, Adega e Fundación Oso Pardo sobre o parque eólico da Serra de Oribio, e anula o acordo do goberno galego que aprobou este proxecto.

A sentenza respalda os argumentos presentados polas entidades demandantes, ao considerar que este parque eólico non constitúe unha modificación dun proxecto previamente existente, senón un novo proxecto non sometido a avaliación de impacto ambiental e que non conta con Declaración de Impacto Ambiental, pretendendo substentarse nunha obsoleta e anterior ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia.

Malia ser aínda recurrible, esta sentenza constitúe un fito na conservación do medio natural e os espazos protexidos de Galicia en relacion co actual modelo de desenvolvemento eólico, anulando o intento de revertir os avances na protección ambiental pretendendo aplicar sucesivas excepcións e prórrogas claramente contrarias á normativa vixente.

SGO, Adega e FOP solitaremos a restauración ambiental xerado polas obras, agora paralizadas.

Esta nova xudicial ten especial relevancia nun momento no que un desenvolvemento eólico masivo e carente dunha correcta planificación ambiental e criterios de sostibilidade e de conservación da biodiversidade está a por en risco un elevado número de espazos de montaña e media montaña de Galicia, algúns deles en espazos naturais protexidos.

Podes descargar aquí a nota de prensa emitida polas tres entidades demandantes en resto de entidades integradas na plataforma Salvemos o Iribio.