SGO

Unha das cuestións tratadas na asemblea de socios da SGO que tivo lugar na primavera de 2018 no Grove foi a de avaliar as posibilidades da acción legal ao alcance das asociacións ambientais, e nomeadamente da nosa, en relación coa actual desprotección da nosa biodiversidade e o avance de políticas e proxectos contrarios á súa conservación.

Como punto de inicio deste proceso, o vindeiro sábado 1 de decembro terá lugar en Compostela un Taller de debate sobre as posibilidades de participación da SGO nas diferentes ferramentas de denuncia administrativa e xudiciais ante o incumprimento da lexislación vixente en conservación das nosas aves.

Este taller está aberto á participación dos socios da SGO, sendo preciso confirmar asistencia a través do enderezo electrónico sgosgo(arroba)sgosgo.org.

PROGRAMA.