SGO

O vindeiro sábado 5 de maio, co gallo da súa Asemblea anual de socios, a SGO organiza unha xornada sobre o estado de conservación das aves mariñas reprodutoras no litoral de Galicia, da man dalgúns dos principais coñecedores destas especies.

A xornada será gratuíta e de libre acceso, e terá lugar na Sala das Cunchas do Concello de O Grove entre as 10:00 h e as 14:00 h. Posteriormente os socios da SGO quedan convidados a participar na Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Extraordinaria que terán lugar no mesmo lugar dende as 15:45 h.

DATA, HORARIO E LUGAR

Sábado, 5 de maio de 2018

10:00 - 14:00 h

Sala das Cunchas (Praza do Corgo, 1. O Grove) https://goo.gl/maps/Zpgf2Xpo1A52

PROGRAMA:

10:00 h. Presentación. Concello de O Grove e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

10:15 h. As aves mariñas reprodutoras de Galicia I: arao dos cons, gaivota tridáctila, corvo mariño cristado, pardela cincenta, paíño europeo, gaivota patiamarela. Álvaro Barros (Doutor en Bioloxía).

11:00 h. As aves mariñas reprodutoras de Galicia II: gabita, gaivotón e gaivota escura. Jorge Mouriño (Arcea Xestión de Recursos Naturais).

11:45 h. Pausa-café.

12:15 h. A píllara das dunas. Gustavo Ferreiro (Grupo Local SEO Pontevedra).

13:00 h. Debate-coloquio: Prioridades para a conservación das aves ameazadas en Galicia.