Os vindeiros 3 e 4 de marzo a SGO en colaboración co CEIDA organiza unhas novas xornadas sobre ornitoloxía, centradas nesta ocasión na conservación das aves ameazadas de Galicia e dos seus hábitats, así como das distintas maneiras de colaborar dende a cidadanía na súa defensa.
O programa inclúe unha serie de charlas divulgativas o venres 3, e unha saída ornitolóxica pola Costa de Dexo o sábado 4.
Datas: Venres 3 e sábado 4 de marzo de 2017
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Monumento Natural Costa Dexo-Serantes
Colabora: Seo/Birdlife, Grupo Naturalista Hábitat
Organiza: CEIDA, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)
Obxectivos
■ Dar a coñecer o estado de conservación das aves galegas e o seus hábitats.
■ Concienciar á sociedade sobre a necesidade de conservar as aves presentando formas de colaboración cidadá na súa preservación.
Programa
Venres, 3 de marzo
■ 16:00 – 16:45 h. As aves e áreas de valor ornitolóxico de Galicia. Como colaborar na súa conservación? Sergio París Gómez.
■ 16:45 – 17:30 h. O grupo de traballo para a vixilancia e protección da píllara das dunas en Galicia. Gustavo Ferreiro Martínez.
■ 17:30 h – 18:00 h. Descanso.
■ 18:00 - 20:00 h. O estado de conservación das aves galegas e os seus hábitats:
• As aves mariñas. Antonio Sandoval Rey.
• As aves de medios agrarios e esteparios. Óscar Rivas López.
• As aves de medios forestais e montanos. Óscar Rivas López.
• As aves de medios acuáticos. Diego Rodríguez Vieites
Sábado, 4 de marzo
■ 10:00 – 14:00 h. Saída ornitolóxica pola Costa de Dexo e visita á Aula do Mar, Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural
Costa Dexo-Serantes*.
* O traslado ao espazo natural protexido corre a cargo dos asistentes.
Formulario de inscrición
10 €
Prazas limitadas