SGO

O vindeiro venres 19 de agosto terá lugar en Piornedo (Cervantes, Ancares lucenses) a proxección do documental "El secreto del bosque. Memorias del urogallo cantábrico", organizado pola SGO e a Asociación Galega de Custodia do Territorio e coa colaboración de Más Que Pájaros.

Este proxecto, levado a cabo mediante unha campaña colaborativa, analiza a relación entre a pita do monte e o home ao longo das últimas décadas na Cordilleira Cantábrica.

A proxección do documental acompañarase dunha mesa redonda con expertos coñecedores da pita do monte para debater sobre o seu pasado, presente e futuro nas montañas orientais galegas e a Cordilleira Cantábrica.

A xornada será de asistencia libre, e os interesados en asistir á posterior cea de confraternización a celebrar no Hotel Piornedo deberán comunicalo previamente á SGO vía correo electrónico.