O mércores 9 de marzo a Sociedade Galega de Ornitoloxía, en colaboración co CEIDA e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, organiza a Xornada Actuacións no litoral da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, centrada nos proxectos relacionados co previsto dragado da ría do Burgo e o recheo da praia de Sada. O obxectivo desta xornada é o de constituír un foro de debate sobre o posible impacto destas actuacións sobre as poboacións de aves que albergan, e o potencial e posibilidades nos eidos ambiental, social e educativo que estas lles confiren a ambos espazos.
A inscrición é de balde. Prazas limitadas.
Máis información e inscricións: http://www.ceida.org/formacion/xornada-actuacions-no-litoral-da-reserva-da-biosfera-marinas-corunesas-terras-do-mandeo.ht