A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e Hábitat, co apoio dos grupos de anelamento Hércules e Píllara, organizan un I Encontro de Aneladores en Distriz (Monforte de Lemos), como conmemoración do 50 aniversario da visita realizada por Chris Mead e o equipo de aneladores da BTO a esa localidade o 1 a 5 de setembro de 1965.
O anelamento será o domingo 6 de setembro en Distriz, en dúas sesións: 7:30 h e 15 h, con xantar campestre (os asistentes terán que levar a súa comida).
Como a actividade comeza temprano, está previsto ir o sábado 5 á tardiña para preparar os lugares para as redes, ter unha cea de confraternización en Monforte e durmir alí.
Para participar na actividade, que ten prazas limitadas, terán preferencia oa socios de Hábitat e da SGO. Para inscribirse, é preciso enviar un e-mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co asunto MONFORTE, indicando nome, asociación/grupo de anelamento á que pertence, teléfono de contacto e asistencia á cea.
Chris Mead e o equipo da BTO fixeron unha segunda visita entre o 21 de agosto a 23 de setembro de 1967, polo que está previsto repetir este evento dentro de dous anos.
PROGRAMA E INFO SOBRE A XORNADA.