Os vindeiros 27 e 28 de febreiro o CEIDA, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en colaboración coa Fundación Biodiversidad e o Grupo Naturalista Hábitat, organizan a IV Xornada de Iniciación á Ornitoloxía. A actividade de balde está dirixida a todos os públicos pero é imprescindible a inscrición previa.
Datas: 27 e 28 de febreiro de 2015
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros), Ría do Burgo
Colabora: Grupo Naturalista Hábitat. Co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Organiza: CEIDA, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
Descrición
Xornada divulgativa dirixida ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, facendo especial fincapé nas aves mariñas da Comarca das Mariñas, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Destinatarios
Todos os públicos
Programa
Venres 27 febreiro
16.00 h. Aves e caixas niño. Óscar Rivas. Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
16.40 h. Construción de comedeiros para aves. Martiño Cabaña. Asociación Custodia Galega do Territorio
17.20 h. Nomes vernáculos das aves de Galicia. Cosme Damián Romai. SGO e Hábitat.
Descanso
18.30 h. As aves invernantes na ría do Burgo. Unha década de censos. Antonio Sandoval. SGO.
19.10 h. As aves na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Sergio París, SGO.
Sábado 28 febreiro
10:00 h. Saída ornitolóxica pola Ría do Burgo
Inscrición
De balde. Formulario de inscrición na páxina do CEIDA