Lugar de celebración:
Charlas: Salón de Actos da Asociación Cultural O Son do Sor (No Barqueiro, preto do cruce que leva desta localidade a Bares).
Observación da Migración e Anelamento de Aves: Observatorio de Estaca de Bares.
Venres, 3 de Outubro de 2014
20:00 h. “15 Anos de SGO” . L.J. Salaverri e O. Rivas
21:00 h. “Historias de Petreles: Los Pterodroma de Estaca de Bares”. A. Sandoval
Sábado, 4 de Outubro de 2014
08:30 – 18:00 h. - Observación da Migración dende o observatorio de Estaca de Bares. SGO
- Anelamento de Aves no carrizal próximo ao observatorio. P. Pita (coordinador)
20:00 h. “A ornitoloxía: ¿afición ou Ciencia? ou ¿afición e Ciencia?” A. Bermejo
21:00 h. “Aves do mundo”. P. Gutierrez
22:00 h. Cea aniversario SGO.
Domingo, 5 de outubro de 2014
08:30 – 14:00 h. - Observación da Migración dende o observatorio de Estaca de Bares. SGO
- Anelamento de Aves no carrizal próximo ao observatorio. P. Pita (coordinador)
Organizan:
- Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)
- Asociación Cultural o Son do Sor
Colabora:
- Librería Abrela, de O Vicedo
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
- SEO/Birdlife
Celebración do Día das Aves e 15º aniversario da SGO
- Detalles
A fin de semana do 3 - 5 de outubro coincidindo co Día Mundial das Aves celebrarase a habitual xuntanza ornitolóxica en Estaca de Bares. Este ano ademáis co gallo do 15º aniversario da creación da SGO teremos unha fin de semana cargada de charlas e actividades sobre as aves e a ornitoloxía en Galicia, incluíndo unha cea aniversario o sábado 4.
O prazo para confirmar asistencia á cea rematará o vindeiro xoves 2 de outubro. O prezo será de 10 euros para socios da SGO e 15 euros para os non socios.
DÍA DAS AVES 2014 EN ESTACA DE BARES: 15 ANIVERSARIO SGO