Os días 30 e 31 de maio a SGO e o CEIDA organizan unha nova xornada de iniciación á ornitoloxía, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e o Grupo de Anelamento Píllara.
Xornada divulgativa dirixida ao público en xeral interesado en iniciarse no mundo da ornitoloxía, facendo especial fincapé nas aves mariñas da Comarca das Mariñas, que se atopa dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Programa
Venres 30 maio
16.00 h. Código de boas prácticas do perfecto ornitólogo. Sergio París Gómez.
16.30 h. Aproximación ao anelamento como ferramenta científica. Alberto Monteagudo.
17.30 h. Descanso
18.00 h. As aves nas Mariñas. Onde ver aves en:
- Oleiros e Sada. Sergio París Gómez.
- Arteixo. Xabi Varela.
- A Coruña. Óscar Vázquez.
- A Ría de Betanzos. Santi Vázquez.
Sábado 31 maio
9:00 h. Saída polo Encoro de Cecebre e sesión de anelamento do Programa Passer. Grupo de Anelamento Píllara.
Matrícula
10 € (Prazas limitadas)
Mais información, cartaz anunciador e formulario de inscrición nesta ligazón.