SGO

SGO e o Grupo Naturalista Hábitat apoia e anima a todos os afeccionad@s á ornitoloxía a compilación de "listas diarias" de aves ordeadas por localidade ou UTM en Galicia. Esta iniciativa, coordinada polo noso socio Cosme Damián Romay, levarase a cabo ao longo de todo este ano, ata o 31 de decembro de 2014.

Cada participante faría unha lista das aves vistas e/ou oídas durante un día (aínda que sexa unha visita duns minutos) en cada localidade ou UTM de 10x10 km, indicando o tempo empregado de observación e as estimas semicuantitativas ("decenas", "centos" ou "miles") para cada especie. Así, por primeira vez, poderanse elaborar uns mapas de distribución e abundancias completos de especies ao longo do ciclo anual. Por exemplo: "Hoxe, 14.01.2014 vin na UTM NJ50 nos concellos de Sada e Oleiros, durante 1 h de observación: Anas platyrhynchos (centos), A. strepera (decenas), Phalacrocorax aristotelis, Ardea cinerea, (...) e Emberiza cirlus. Saúdos, X".

O método de envío sería simple: son válidas as listas (como a de arriba) enviadas ao foro galiciaves, ao do gnhabitat, ao email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou incluso unha foto ao noso caderno de campo con esa información remitida por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por Whatsapp ao teléfono 627 026911.

Adxúntase un PDF con máis detalles desta iniciativa, que cristalizará nun artigo en 2015.

Documento adxunto: AvesGalicia2014