Esta primavera 2018 a SGO coordinará en Galicia o Censo Nacional de falcón peregrino (Falco peregrinus). Este proxecto está promovido a nivel estatal por SEO/Birdlife e ten por obxectivo avaliar o tamaño poboacional e a distribución desta especie en España e Galicia.
A colaboración neste censo está aberta a calquera socio ou simpatizante que desfrute do traballo de campo coas aves. Non se requiren grandes coñecementos nin é preciso empregar demasiado tempo. Por iso é importante contar cun número suficiente de colaboradores que permita coñecer con precisión a distribución e o tamaño da poboación reprodutora deste falcón no noso territorio.
Nos seguintes documentos poden consultarse as instruccións e metodoloxía de censo, así como outros aspectos de interese:
Os coordinadores provinciais do censo serán os seguintes, cos que podes contactar en caso de estar interesado en participar ou tes calquera dúbid
A Coruña: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Lugo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Ourense: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Pontevedra: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.