A Sociedade Galega de Ornitoloxía coordina en Galicia a sondaxe ibérica de aguia peixeira (Pandion haliaetus) que terá lugar o vindeiro 14 de xaneiro de 2017, organizada pola Fundación Migres a través da iniciativa “Amigos del águila pescadora”.
Os interesados en particpar poden facelo (previa comunicación cos coordinadores para a asignación da localidade) visitando algunha das seguintes localidades en cada unha das catro provincias ou ben propondo localidades alternativas óptimas para a presenza invernante da especie:
A Coruña: Esteiro do Ulla, Encoro de Cecebre, Encoro das Forcadas, Encoro de Fervenza, Lagoa de Louro, Lagoa da Frouxeira, Lago das Pontes, Baldaio, Ría de Ares e Betanzos, Ría de Ortigueira, Ría de Cedeira.
Lugo: Ría de Foz, Ría de Ribadeo.
Encoros Sil/Miño: Encoro de Castrelo de Miño, Encoro dos Peares, Encoro de Belesar, Encoro de Santo Estevo, Encoro de San Martiño.
Pontevedra: Esteiro do Miño, Ría de Vigo, Encoro de Eiras, Esteiro do Umia, Encoro de Portodemouros.
Os coordinadores deste censo son:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (encoros Sil/Miño e provincia de Pontevedra)
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (provincias de A Coruña e Lugo)
Podes consultar as instrucións do censo neste documento.
Resultados.
A fin de semana na que se realizou o censo observáronse 11 ex., cun rango de 11-16 ex. tendo en conta as observacións de exemplares observados noutras localidades ao longo do mes de xaneiro.
A localidade cunha maior presenza invernante da especie foi a ría de Ribadeo, cun total de 3 exemplares observados.
Participaron no censo un total de 43 voluntarios cubrindo 28 localidades e aportando datos doutras 4 con presenza de aguia peixeira durante o mes de xaneiro.
Aquí podes descargar un pdf con información detallada sobre o censo.