SGO

O Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía é o comité permanente de dita ONG encargado de:

  1. Levar de forma colexiada a tarefa de homologar e dar a coñecer as observacións de aves raras ou das que falte información no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non se traten de taxóns sometidos a homologación polo Comité de Rarezas de la Sociedad Española de Ornitología (CR/SEO);
  2. Categorizar os taxóns observados en Galicia, segundo o sistema A-E recomendado pola Association of European Rarities Committees (AERC);
  3. Elaborar e manter a lista de taxóns das aves de Galicia, que levará o nome de Lista Padrón das Aves de Galicia.

Podes contactar co Comité para a remisión de rexistros e fotografías e para a realización de consultas a través deste enderezo de correo electrónico: comite(arroba)sgosgo.org

DOCUMENTOS

Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Criterios de selección de aves raras e lista de especies sometidas a homologación polo CA/SGO.

A última actualización da lista de taxóns homologables pode consultarse no Informe CA/SGO correspondente ao bienio 2018-2019.
 

INFORMES PUBLICADOS

Observacións de aves raras en Galicia: ano 2005

Observacións de aves raras en Galicia: ano 2006

Observacións de aves raras en Galicia: ano 2007

Observacións de aves raras en Galicia: anos 2008 e 2009

Observacións de aves raras en Galicia: anos 2010 e 2011

Observacións de aves raras en Galicia: anos 2012 e 2013

Observacións de aves raras en Galicia: anos 2014 e 2015

Observacións de aves raras en Galicia. anos 2016 e 2017

Observacións de aves raras en Galicia. anos 2018 e 2019

Observacións de aves raras en Galicia: ano 2020

 

COMPOSICIÓN DO COMITÉ

SECRETARIO: Vitor Xosé Cabaleiro Barroso.

SECRETARIO ADXUNTO: Ramsés Pérez Rodríguez.

VOGAIS: David Calleja Marcos, Xurxo Piñeiro Álvarez, Juan Pita-Romero Caamaño, Xabier Varela Varela, César Vidal Rodríguez.

Actualizado: 20 Xaneiro 2021