Na primavera de 2014 comeza o traballo de campo do III Atlas de las aves reproductoras de España, que se desenvolverá entre 2014 e 2017. Como en anteriores edicións este proxecto estará impulsado por SEO/BIrdlife a nivel estatal e o seu éxito estárá baseado fundamentalmente na colaboración voluntaria de centos de participantes coordinados a nivel autonómico ou provincial por diversas organizacións locais. A data de publicación do Atlas está prevista para 2018-19.
A Sociedade Galega de Ornitoloxía colabora con SEO/Birdlife na realización deste Atlas, coordinando en Galicia os traballos que se desenvolverán durante as próximas catro primaveras. O obxectivo é poder acadar unha cobertura que permita actualizar a distribución e abundancia das especies de aves que fan uso do noso territorio durante a primavera.
OBXECTIVOS
- Coñocer a distribución e abundancia de todas as especies de aves presentes na época reprodutora en España, con metodoloxía homogénea para todo o territorio e para un período curto de anos.
- Identificar as especies que se reproducen, incluíndo as súas categorías de reprodución e as que non, para as que tamén se representará a súa distribución.
-
Establecer unha metodoloxía que permita:
- Cuantificar as poboacións das aves comúns en primavera.
- Coñocer a evolución das súas poboacións (cambios de distribución e cambios de poboación).
- Coñocer a súa preferencia de hábitat (índice de selección e densidade por ambiente).
- Facer comparacións co atlas das aves en inverno.
- Dispoñer dunha “metodoloxía atlas” replicable no tempo e poder facer comparacións o mais directamente posible cada vez que se repita un atlas en España.
- Cubrir as necesidades do novo atlas europeo.
METODOLOXÍA
- A unidad espacial de mostraxe é a cuadrícula UTM de 10x10 km.
- O traballo de campo comprende 4 tempadas: primaveras 2014, 2015, 2016 e 2017.
- O período central de mostraxe en Galicia é entre o 15 de abril e o 15 de xuño, pero poden comezarse as visitas en febreiro e prolongalas ata agosto, no caso de especies (grandes rapaces, garzas, etc.) que xa comecen a criar en febreiro e outras que crían preferentemente en xullo e agosto.
- O traballo de campo realizarase cunha triple metodoloxía: 1. Mostraxe Xeralista, 2. Mostraxe Semicuantitativo e 3. Mostraxe Cuantitativo (igual que no Atlas de aves en inverno).
A SGO agarda poder contar coa túa colaboración neste importante proxecto colectivo. Unicamente coa implicación dun elevado número de socios e simpatizantes poderemos acadar o obxectivo de actualizar os coñecementos que temos sobre a distribución e abundancia da avifauna galega no período reprodutor.
Para colaborar ou coñecer máis detalles sobre este proxecto podes dirixirte a calquera dos integrantes do equipo de coordinación ou ben consultar a seguinte ligazón:
http://www.seguimientodeaves.org/AtlasRep/index11.php
Instruccións traballo de campo.
XORNADAS FORMATIVAS
Realizaranse as seguintes xornadas explicativas da metodoloxía do traballo de campo e outros aspectos do Atlas, para todos aqueles interesados en participar. Para inscribirse, contactar cos correspondentes coordinadores provinciais.
- Sábado 5 de abril ás 10:30 h. no C.E.N Casa das Insuas en Rábade, Lugo. Coordinador: Óscar Rivas (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
- Sábado 12 de abril ás 10:00 na Aula de natureza do río Miño en Oira (Ourense). Coordinador: Alexandre Xusto (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
- Xoves 8 de maio ás 20:30 no local do G. N. Hábitat (Rúa Camariñas, 8 baixo - A Coruña). Coordinador: Sergio París (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)