SGO

Unha vez mais, e xa van tres edicións, a SGO en colaboración co CEIDA e o Grupo Naturalista Hábitat celebrou unhas novas xornadas de introducción á ornitoloxía.

Nesta ocasión a temática principal foi a iniciación ao emprego do anelamento científico como ferramenta para o coñecemento e a conservación das nosas aves silvestres, coa colaboración do Grupo de Anelamento Píllara. Un dos seus membros, Alberto Monteagudo, foi o encargado de dar unha estupenda charla introducindo aos asistentes neste método de estudo.

Outras charlas versaron sobre o comportamento do observador de aves en campo, e sobre as mellores zonas para observalas no entorno da comarca das Mariñas. Xabi Varela fixo un divertido percorrido polos mellores rincóns ornitolóxicos do concello de Arteixo:

Pola súa banda, Oscar e Santi Vázquez leváronnos de paseo pola costa da Coruña e reveláronnos os principais segredos da ría de Betanzos.

 

A tarde do sábado 31 empregouse para poñer en práctica o aprendido sobre o anelamento, visitando o encoro de Cecebre para coñecer o traballo que alí desenvolve o Grupo de Anelamento Píllara dende hai anos.

 

Os martiños peixeiros fixeron as delicias dos presentes.

 

Agardamos vervos en vindeiras edicións!