|
Censo Millafre real (Milvus milvus) invernante en Galicia 2026
Como ven sendo habitual nos últimos anos, a SGO participará no censo europeo de millafre real (Milvus milvus) que en España coordina a Sociedad de Ciencias Naturales Gorosti (https://milano-real.blogspot.com/) en colaboración co proxecto LIFE EUROKITE (https://www.life-eurokite.eu/es/life-eurokite.html). Se estás interesado en participar podes informarte aquí.
|
|
Últimas novas
01.12.2025. O Comité Avifaunístico da SGO publica o informe correspondente ás observacións de aves raras en Galicia no ano 2021. Podes descargalo aquí.
20.02.2024. Publicado o informe do Comité Avifaunístico da SGO sobre observacións de aves raras en Galicia no ano 2020.
30.10.2023. Sociedade Galega de Ornitoloxía, Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife), e Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) veñen de presentar as correspondentes alegacións ao Proxecto de mellora para o aproveitamento en regadío das 42 captacións de augas subterráneas "A Limia 2022", polos graves impactos que podería causasr en espazos e especies protexidas. Ver nota de prensa.
09.03.2023. Crime perfecto fronte as costas galegas. A área mariña fronte ao noroeste da Península Ibérica é de extraordinaria importancia, a nivel europeo, atlántico e mesmo global, como corredor migratorio e zona de invernada para centos de milleiros de aves mariñas de ducias de especies. O recentemente aprobado Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), obviando de xeito inaceptable o principio de precaución, inclúe boa parte desas augas exteriores en 5 “Zonas de alto potencial para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña”.
Este erro gravísimo precisa ser revertido. En aplicación do principio de “primeiro, investigación, e despois ordenación”, o POEM debería plantexar estudos e prudencia, e non situar esas “zonas potenciais para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña” en lugares cuxa importancia para as aves podemos certamente supoñer. Consulta aquí o manifesto completo das entidades conservacionistas galegas.
23.040.2021. A Xunta persiste no biocidio da rula. A SGO e outras entidades ambientais están alarmadas pola actitude obstinada da Administración galega en contra do patrimonio natural. Xa anunciou no Comité Galego de Caza que manterá a media veda na Limia e non tomará medidas eficaces para evitar o declive da rula, unha especie ameazada. Malia o risco de sancións económicas, continúa desatendendo o ultimato da Comisión Europea por vulnerar repetidamente a Directiva Aves. Máis info aquí.
23.04.2021. A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) presenta alegacións ó proxecto da Delegación Provincial de Costas en Lugo para a praia do Altar, solicitando a súa desestimación polo alto impacto ambiental sobre a ría de Foz. Máis info aquí.
23.04.2021. Sete entidades de conservación da natureza galegas solicitan información á Consellería de Medio Ambiente sobre as propostas de aplicación dos fondos “Next Generation”. Máis info aquí.




.jpg)
