A SGO é unha asociación dedicada ó estudio científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia
Noticiario Ornitolóxico
 ¿QUEN SOMOS?
A Sociedade Galega de Ornitoloxía foi fundada nunha asemblea constituínte celebrada en Santiago de Compostela o 8 de Maio de 1999, a iniciativa de varios ornitólogos galegos e despois de varias reunións iniciais. Estes vían interesante a creación dunha asociación dedicada exclusivamente ás aves en Galicia, á observación, ó estudio e á conservación delas e os seus hábitats.
Ademais había unhas actividades ornitolóxicas, nas que a súa organización ía rotando entre diferentes grupos ou persoas. Estas son o Anuario das Aves de Galicia e o Congreso Galego de Ornitoloxía, celebrado cada tres anos dende 1989. Tentar darlles continuidade a estes labores foi unha das razóns principais para a constitución da SGO. Outra razón foi manter máis en contacto ós ornitólogos galegos, entre outras cousas para poñer en marcha grupos de traballo que tan bo resultado deran con anterioridade (Estudios da Aguia Real e a Choia en Galicia iniciados nos Congresos Galegos de Ornitoloxía).

Así, fundouse a SGO cos fins do estudio científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia. Ademais, tenta promover entre os cidadáns o coñecemento, aprecio e respecto das aves e da natureza en xeral.
A SGO realiza unha serie de actividades á parte da organización do Congreso Galego de Ornitoloxía e da edición do Anuario das Aves de Galicia, que son:

Saídas ó campo: Excursións, maratóns ornitolóxicos.
Charlas, conferencias.
Grupos de traballo.
Publicacións: Anuario, Boletín da Sociedade (A Carriza), Informes, Follas informativas.
Galiciaves: Rolda de correos electrónicos sobre as aves de Galicia.


Nestes momentos a SGO ten un cento de socios e a súa xunta directiva está formada por:

Presidente: Andrés Bermejo Díaz de Rábago.
Vicepresidente: Augusto de Castro Lorenzo.
Secretario: Juan Carlos Epifanio Lemos.
Tesoureiro: José Manuel Martínez Mariño.
Vocais: Graciela Fernández Arrojo, Oscar Rivas López, Xan Rodríguez Silvar, Jesús Taboada Martínez e Xabier Vázquez Pumariño.