XI Congreso do Grupo Ibérico de Aguiluchos (GIA) organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO)
Dende a SGO e o GIA estase a organizar o congreso Circus, que terá lugar do 15 ao 17 de outubro no concello de Allariz, Ourense.
Podedes consultar as derradeiras novas no blog: http://congresogiagalicia2010.blogspot.com
Ave do ano 2010 en Galicia: A Charrela
Despois da votación do ave do ano, ésta resultou a especie elexida. Dende a SGO con motivo desta designación preténdese organizar unha charla sobre a situación da especie en Galicia e unha excursión na sua zona de presenza.
Informarase en canto esté decidida a data e o programa da xornada.
Debuxo: Encarna González Rodiño
Taller internacional sobre a ecoloxía do corvo mariño cristado no sur de Europa. 27 e 28 de marzal de 2010, en Baiona (Pontevedra)
A Sociedade Galega de Ornitología (SGO), e o Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal (Universidade de Vigo), a Red de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM) e o Grupo Ibérico de Aves Mariñas (GIAM-SEO/Birdlife) organizan o Taller internacional sobre a ecoloxía do corvo mariño cristado no sur de Europa os días 27 e 28 de marzal de 2010, en Baiona (Pontevedra). http://www.seo.org/programa_seccion_ficha.cfm?idPrograma=22&idArticulo=1719
Dentro das aves mariñas os corvos mariños cristados son unha das especies de bioloxía más descoñecida para os ornitólogos en xeral a pesar da facilidade de observación de aves en augas costeiras. Nas derradeiras décadas o seguimento de colonias deu lugar a unha mellora no coñecemento da bioloxía e o estatus das poblacions. E fundamental o traballo de investigación dos ornitólogos nas áreas de nidificación destas aves tanto nas suas colonias de cría (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Baleares, Portugal, Gibraltar e as illas e illotes ibéricos) como a través de seguimento mediante marcado individual. O seguimiento de aves marcadas con anelas pvc permite obter información sobre os movimentos, contacto entre núcleos poblacionais e uso de hábitat da especie e esto permite definir áreas mariñas de importancia para o corvo mariño cristado.
E importante destacar que o corvo mariño cristado e unha especie de ave mariña que atopase gravemente ameazada polas actividades humanas, sobre todo polas mortes accidentais en aparellos de pesca, os vertidos de hidrocarburos e a introducción ou solta de especies invasoras, como o Visón americano.
O principal motivo deste taller e reunir ás personas interesadas no corvo mariño cristado para que podan dar a coñecer os proxectos que están realizando sobre a especie e impulsar a coordinación con outros ornitólogos para que seus traballos posteriores teñan maior alcance e maior difusión.
Engade as túas observacións de interese e fotos de aves en Galicia no novo Noticiario Ornitoxeográfico Galego/SGO.
Para elo, pulsar no icono cun + na parte superior dereita do mapa do novo noticiario.
Polo de agora, ainda se está mellorando e depurando erros, polo que se pide comprensión e colaboración nesta mellora e detección de posibles erros.
NOTA: a SGO aceptará todos os rexistros de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) para o Noticiario Ornitolóxico da web durante o presente 2009. Envía as túas observación desta e doutras especies coa folla Excel.
Imaxe portada: corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), Ave do Ano en Galicia 2009.
Ao día (Bitácora da SGO)
Novidades, recomendacións, noticias e documentos (9 de abril de 2009)
NOVAFolla informativa nº 20 da SGO, correspondente a abril de 2009, aquí.
NOVACamisola conmemorativa do décimo aniversario da SGO xa dispoñible; podes vela aquí.
NOVAAbril 2009. A SGO cumpre 10 anos. Na vindeira Asemblea Xeral, que se celebrará en Santiago de Compostela o sábado 25 de abril realizaranse varias actividades conmemorativas. Podes ver o cartaz da convocatoria aquí.
NOVAAbril 2009. Novas instrucións para os eventuais colaboradores da revista A Carrizaaquí (ver texto en castelán aquí).
Febreiro 2009. A SGO aceptará todos os rexistros de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) para o Noticiario Ornitolóxico da web durante o presente 2009. Envía as túas observación desta e doutras especies coa folla Excel, accesible aquí.
---------2008----------
Decembro 2008. Participa no censo coordinado de gaivotas e carráns en Galicia, o fin de semana do 24 e 25 de xaneiro de 2009. Máis información aquí.
Decembro 2008. A SGO elixe á nova Ave do ano 2009 en Galicia: é o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis). Podes ver un pequeno cartaz
Novembro 2008. Conclusións do VII Congreso Galego de Ornitoloxía, celebrado en Monforte de Lemos do 26 a 28 de setembro de 2008 aquí.
Setembro 2008. Libro de resumos do VII Congreso Galego de Ornitoloxía aquí.Setembro 2008. Díptico do VII Congreso Galego de Ornitoloxía aquí.
Setembro 2008. Organización e Comité científico do VII Congreso Galego de Ornitoloxía aquí.
Agosto 2008. Cartaz do VII Congreso Galego de Ornitoloxía aquí.
Agosto 2008. Modelo de inscrición para o Congreso, aquí.
Xullo 2008. Normas e prazos para o envío de comunicacións para o Congreso, aquí.
Abril 2008. Presentación e enquisa do novo Atlas das Aves de Galicia 2009-2013, aquí.
Marzo 2008. Presentación do Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía (CA/SGO), aquí.
Marzo 2008. Documento sobre a importancia da ría do Burgo (Culleredo/Oleiros) para as aves acuáticas aquí.
Marzo 2008. Convocatoria da Asemblea Xeral da SGO o 12 de abril de 2008 en Santiago de Compostela aquí.
Marzo 2008. Completas as prazas para o I Curso de Ornitoloxía organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía, do 28 a 30 de marzo de 2008 en Santiago. Podes ver o cartaz aquí.
Marzo 2008. Instrucións para os colaboradores da revista A Carrizaaquí (ver texto en galego aquí).
Marzo 2008. Novas camisolas da ave do ano 2008, a tartaraña cincenta (Circus pygargus), aquí e aquí. Como conseguilas, aquí.
Marzo 2008. Informe sobre a xuntanza dos grupos de anelamento Anduriña, Hércules, Píllara e Torquilla en setembro de 2007 en Bóveda (LU) aquí.
Marzo 2008. I Curso de Ornitoloxía da SGO. Santiago de Compostela, 28, 29 e 30 de marzo de 2008, aquí.
Febreiro 2008. Nota informativa do Grupo de Traballo da Águia Real (GTAR) aquí.
Xaneiro 2008. Programa das ornitosaídas previstas para o 2008 organizadas por ADEGA, e na que colaboran a SGO e o concello de Pontevedra, aquí.
Xaneiro 2008. Vista dianteira (aquí) e traseira (aquí) do díptico das vindeiras saídas ornitolóxicas a celebrar durante o 2008 en Pontevedra, organizadas por ADEGA, o Concello de Pontevedra e a SGO.
Xaneiro 2008. Censo coordenado da Ave do ano en Galicia 2008, a tartaraña cincenta(Circus pygargus), para o fin de semana do 26 e 27 de abril de 2008; ver aquí.
---------2007 e anteriores----------
Novembro 2007. Borrador de acordo entre a SGO e SEO/BirdLife no tocante ao Atlas de Invernantes en España aquí e carta aos socios e socias da SGO referente aos proxectos do Atlas das Aves de Galicia 2008-2012 e do Atlas de las Aves Invernantes en España descargábel aquí.
Setembro 2007. Destrución da colonia de andoriña das barreiras (Riparia riparia) do Cerquido, Ribeiras do Louro, O Porriño (PO) aquí.
Setembro 2007. Información sobre o Taller internacional sobre ecoloxía de pardelas e paíños no sur de Europa. Cariño (CO). 16 a 18 de novembro de 2007 aquí.
Agosto 2007. Dossier sobre o regadío na Terra Chá (LU) aquí.
Agosto 2007. Anuario Especial: 10 anos do AAG (1992-2002) aquí.
Agosto 2007. Crónica da ornitosaída a Pena Trevinca. 23 e 24 de xuño de 2007 aquí.
Xuño 2007. Unha carta ao director (diversos xornais galegos, sobre voitres) aquí.
Maio 2007. Blogornitoloxía galega, bitácoras de observadores de Galicia aquí.
Abril 2007 e anteriores. Outros documentos de interese aquí.
Colabora coa SGO
Aínda que non sexas soci@, podes colaborar de varias maneiras coa Sociedade Galega de Ornitoloxía (sgosgo(arroba)sgosgo.org):
1
Enviando citas e fotos para o Noticiario Ornitoxeográfico Galego/SGO, clicando aquí. Podes perguntar tamén dúbidas que teñas neste e-mail: anuario(arroba)sgosgo.org
------------------------------
2
Dándote de alta no foro de Galiciaves e compartindo as túas opinións e observacións. Estes son os enderezos "chave" do grupo:
Colaborando nos grupos de traballo que están activos no seo da SGO (ver aquí).
------------------------------
4
Enviando as túas citas de interese (ver aquí como facelo e aquí os criterios) para os Anuarios das Aves de Galicia (a través da mesma ficha que o Noticiario, descarregábel aquí), ao correo electrónico de: anuario(arroba)sgosgo.org ou ao apartado de correos 581, 15080 Santiago de Compostela, Galicia.
Lembrámoste que o prazo para o envío das túas citas para o Anuario das Aves de Galicia 2007 está xa aberto. Anímate a participar!
O próximo anuario en saír será o correspondente ao ano 2004. Podes descarregar de balde algúns volumes anteriores aquí, aquí e aquí. Para conseguir os volumes publicados (desde 1992-93 a 2003), agás os esgotados, contáctanos en: sgosgo(arroba)sgosgo.org.
Están pendentes de publicación os Anuarios correspondentes aos anos 2005 e 2006.
------------------------------
5
Ademais, desde a SGO está previsto editar un volume especial do Anuario das Aves de Galicia, con citas non publicadas por calquera razón en anteriores anuarios (desde o Anuario 1992-93 até o Anuario 2002), e incluso citas de anos e decenios anteriores, que levará por título Anuario das Aves de Galicia: Especial Décimo Aniversario (1992-2002). Podes obter máis información sobre este proxecto aquí.
------------------------------
6
Enviando as túas citas de aves raras en Galicia ao Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Como? Poder velo aquí.
------------------------------
7
E, claro, facéndote soci@ da SGO! Podes ver porque e como facelo aquí.
Para calqueira dúbida ou eventual corrección de citas no Noticiario ou Anuarios, contactádenos a través de sgosgo(arroba)sgosgo.org, anuario(arroba)sgosgo.org ou no apartado de correos 581, 15080 Santiago de Compostela, Galicia.
Graciñas!
"Oportunidades para o turismo ornitolóxico na Costa da Morte"
20 e 21 de outubro no Centro Social de Neaño, Cabana de Bergantiños
Interesantes xornadas sobre diversos aspeitos da ornitoloxía como eixo de iniciativas turísticas, conservación e educación ambiental.
Organízanse en varios bloques temáticos: 1) o medio natural: caracterización do LIC e ZEPA "Costa da Morte"; 2) os espazos protexidos: conservación e desenvolvemento; 3) as aves na Costa da Morte; 4) o mercado ornitolóxico; 4) turismo ornitolóxico: iniciativas; 5) turismo ornitolóxico: potenciais da Costa da Morte Norte; e 6) oportunidades para o turismo ornitolóxico na Costa da Morte Norte (mesa redonda).
Estas xornadas serven tamén como merecida homenaxe a José Luis Rabuñal Patiño, ornitólogo coruñés que, como ningún outro, coñece e dá a coñecer os valores naturais da Costa da Morte, especialmente aqueles relacionados coa avifauna, dun xeito verdadeiramente maxistral.
Podes descargar o fermoso cartaz das xornadas en formato .jpg ou .pdf, e o programa clicando aquí. Para se apuntar, facelo aquí. Anímate a participar!
Programación Día das Aves 2006 en Galicia
Programación do Día das Aves 2006 en Galicia a partires da información de diversos medios
Eis aquí abaixo o programa de actividades a nivel galego extraído de varios medios. Participade!:
1) Extraído da páxina web da Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife), www.seo.org, a través do foro [avesfórum] (mensaxe de María José Linares).
Colaboran: Amigos da Terra, Centro de recuperación de fauna salvaxe de Cotorredondo
639 037 905
8
1, 2, 3, 6 e 8
Pontevedra
Punta Balea (Cangas de Morrazo)
Grupo de Anelamento Anduriña
986 307 255
7 e 8
1, 5, 6 e 8
Lenda ACTIVIDADES: posto de información (1), itinerarios (2), conferencias (3), concursos (4), práticas de anelamento (5), posto de observación (6), cursos (7), exposicións (8), maratón ornitolóxica (9), talleres infantís (10), visitas a centros de información (11), proxeción de audiovisuais (12), visita a centros de recuperación (13), contacontos (14), acampada (15), teatro (16), encontros ornitolóxicos (17), repoboación forestal (18), excursión en bici (19), concurso de debuxo naturalista (20), charlas escolares (21), mesa redonda (22), voar papaventos (23), concerto (24), maratón de vídeo (25), liberación de aves recuperadas (26), colocación de caixas niño (27), excursión en barco para observar aves mariñas (28), excursión ornitolóxica (29).
* Podedes ver o cartaz do Día das Aves 2006 (Terra Cha). Facede clickaquí. Apuntádevos!!!
2) Extraído de [galiciaves] (mensaxe de Alberto Gil Carrera):
Erva e Luita Verde celebran na ría de Vigo o Día Mundial das Aves As asociacións Erva e Luita Verde, adicadas ao estudo e conservación da natureza, fan unha convocatoria pública para participar no Día Mundial das Aves o próximo sábado día 7 de Outubro.
O principal obxectivo desta xornada de ámbito internacional e a de dar a coñecer a bioloxía e diversidade das aves así como os riscos e ameazas que sofren as súas poboacións para deste xeito concienciar aos participantes da importancia da conservación das aves e os seus hábitats.
A xornada comezaría as 9:00 da mañá no monumento de Xulio Verne, próximo a Estación Marítima de Vigo, onde se poderá observar a colonia de cirrios claros (Apus pallidus) que supoñen a última incorporación a fauna galega descuberta por un dos ornitólogos de Erva en datas recentes. A continuación iniciarase a travesía pola ría utilizando o servicio de transporte de ría e que permitirá a observación de aves mariñas como carráns, gaivotas, corvos mariños ... ¡e aquelas outras que se deixen ver!. Na Estación Marítima de Moaña faise unha segunda convocatoria, para os participantes da Península do Morrazo, as 10:00 da mañá que se xuntarán cos procedentes de Vigo para xuntos visitar a Xunqueira de Moaña onde se espera observar unha boa mostra de aves limícolas en paso migratorio nestas datas pola ría de Vigo. O regreso está programado ás 13:00 h. Os asistentes serán obsequiados cunha lámina en cor de aves a observar e información sobre a ría de Vigo. Os participantes serán acompañados de naturalistas de Erva e Luita Verde que axudarán na identificación e interpretación das observacións de aves. Estes monitores porán a disposición dos participantes prismáticos e telescopios para facilitar as observacións.
Vigo, 4 de Outubro de 2006 Telefonos de contacto Erva 630619584 Luita verde 625595041
4 de outubro de 2006. Este domingo día 8, ADEGA celebra o Día Mundial das Aves cunha SAÍDA ORNITOLÓXICA AO COMPLEXO ONS-OGROBE. Poderemos avistar algunhas das interesantes especies que habitan este espazo natural do Salnés, parte da Rede Natura galega, recentemente amezado polo vertido químico ao Umia. Quedaremos o domingo 8, ás 9:30 h fronte á sé nacional de ADEGA, diante da estación de buses de Compostela. Cómpre levar comida, roupa axeitada e algún instrumento de observación, alén dos que fornecerá ADEGA. Asistenza gratuíta! Apontarse no 981570099 ou
adega@adega.infoadega@adega.infoadega@adega.info
PLANO DA EXCURSIÓN: Saímos de Compostela sobre as 10 h para chegar por volta das 11:00 h ao esteiro do río Umia en Cambados, coa maré baixa, onde veremos aves como gaivotón (Larus marinus) ou gabitas (Haematopus ostralegus), ademais de parulos, garzas e limícolas.
Logo, visitaremos as barreiras de Rouxique, Sanxenxo, para ver aves de lagoa, nomeadamente galiñolas (Fulica atra), mergullóns (Tachybaptus ruficollis) e parrulos. Pasearemos polos campos de Rouxique na procura de paxariños e logo iremos até a Lanzada para ver o mar e localizar, se hai sorte, mascatos (Morus bassanus), pentumeiros (Melanitta nigra) e pardelas baleares (Puffinus mauretanicus).
Comeremos no istmo da Lanzada rodeados dun contorno privilexiado (plantas dunares interesantes como atractivo engadido) e pasaremos a tarde vendo os cullereiros (Platalea leucorodia), falcóns peregrinos (Falco peregrinus), limícolas, garzas, garcetas e parrulos na Enseada. Se hai tempo, visitaremos a Aula de Interpretación da Natureza da Siradella e confraternizaremos nalgunha cafetería ou bar local.
É posíbel que haxa mais xente doutros grupos na zona, principalmente SEO/Pontevedra, polo que será un grande convivio (dun día iso sí) en favor das aves galegas e da nosa Rede Natura litoral.
Voltaremos para Compostela arredor das 19 h).
Guía "aborixe": Cosme Damián Romai Cousido, ADEGA
Lembrade:
-Levar comida
-Roupa e calzado axeitado
-Material extra de observación (prismáticos...)
-Guías
Actualización da web incluindo recordatorio
19 de Outubro de 2006
Prazo máximo de envío das citas para o Anuario 2004 é o 30 de novembro de 2006.
Novas fotos en Fotos, incluindo cinco do Phalaropus lobatus observado o día 17/10/06 en Porto do Son.
Día das Aves 2006 en Novidades.
Crónica da ornitosaída a Trevinca (xullo de 2006) na Axenda.
A Carriza nº 3
21 de Abril de 2005
Xa está dispoñible o número 3 do noso boletín A Carriza.
Contidos:
Editorial. Pepe Guitián.
Aves raras e escasas en Galicia Observación de Mergullón BicogrosoPodylimbus podiceps na lagoa de Vixán (Ribeira, A Coruña) en xullo-setembro de 2002. Xurxo Pinheiro.
Donde ver aves en Galicia O complexo intermareal Umia-Ogrobe. Xurxo Pinheiro.
Estudios Comentarios ó artigo "Apontamentos sobre a invernada da Gaivota-de-cabeça-negraLarus melanocephalus na Galiza". Antonio Fernández Cordeiro, Alberto Pastoriza Barreiro e David Álvarez Graña (Grupo Anelamento ANDURIÑA).
Aspectos da bioloxía da Gaivota CabecinegraLarus melanocephalus en Galicia. Antonio Fernández Cordeiro, Alberto Pastoriza Barreiro e David Álvarez Graña (Grupo Anelamento ANDURIÑA).
Réplica aos comentarios de Antonio Fernández Cordeiro, Alberto Pastoriza Barreiro e David Álvarez Graña (Grupo de Anelamento ANDURIÑA) ao artigo "Apontamentos sobre a invernada da Gaivota-de-cabeça-negra Larus melanocephalus na Galiza". Cosme Damián Romai Cousido.
La Gaviota argéntea en Galicia. Antonio Sandoval Rey.
Marcajes especiales en aves. Fco. Javier Rodríguez.
Días de Campo Os Falcóns. Luis José Salaverri Leiras.