A Sociedade Galega de Ornitología (SGO), e o Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal (Universidade de Vigo), a Red de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM) e o Grupo Ibérico de Aves Mariñas (GIAM-SEO/Birdlife) organizan o Taller internacional sobre a ecoloxía do corvo mariño cristado no sur de Europa os días 27 e 28 de marzal de 2010, en Baiona (Pontevedra).
http://www.seo.org/programa_seccion_ficha.cfm?idPrograma=22&idArticulo=1719
Dentro das aves mariñas os corvos mariños cristados son unha das especies de bioloxía más descoñecida para os ornitólogos en xeral a pesar da facilidade de observación de aves en augas costeiras. Nas derradeiras décadas o seguimento de colonias deu lugar a unha mellora no coñecemento da bioloxía e o estatus das poblacions. E fundamental o traballo de investigación dos ornitólogos nas áreas de nidificación destas aves tanto nas suas colonias de cría (Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Baleares, Portugal, Gibraltar e as illas e illotes ibéricos) como a través de seguimento mediante marcado individual. O seguimiento de aves marcadas con anelas pvc permite obter información sobre os movimentos, contacto entre núcleos poblacionais e uso de hábitat da especie e esto permite definir áreas mariñas de importancia para o corvo mariño cristado.
E importante destacar que o corvo mariño cristado e unha especie de ave mariña que atopase gravemente ameazada polas actividades humanas, sobre todo polas mortes accidentais en aparellos de pesca, os vertidos de hidrocarburos e a introducción ou solta de especies invasoras, como o Visón americano.
O principal motivo deste taller e reunir ás personas interesadas no corvo mariño cristado para que podan dar a coñecer os proxectos que están realizando sobre a especie e impulsar a coordinación con outros ornitólogos para que seus traballos posteriores teñan maior alcance e maior difusión.
Póster taller
Convocatoria
Ficha inscripción
Xulio Valeiras
Coordinador GIAM
coordinadorgiam@gmail.com
www.seo.org/?GIAM
Andrés Bermejo
Presidente SGO
Sociedade Galega de Ornitoloxía
Apdo. 581
15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
sgosgo@sgosgo.org
http://www.sgosgo.org