A SGO é unha asociación dedicada ó estudio científico e a conservación das aves silvestres e dos seus hábitats en Galicia
Noticiario Ornitolóxico
 NOVIDADES
Colabora coa SGO    

Aínda que non sexas soci@, podes colaborar de varias maneiras coa Sociedade Galega de Ornitoloxía (sgosgo(arroba)sgosgo.org):

1

Enviando citas e fotos para o Noticiario Ornitoxeográfico Galego/SGO, clicando aquí. Podes perguntar tamén dúbidas que teñas neste e-mail: anuario(arroba)sgosgo.org

------------------------------

2

Dándote de alta no foro de Galiciaves e compartindo as túas opinións e observacións. Estes son os enderezos "chave" do grupo:

Enlace relacionado: http://www.sgosgo.org

Publicar mensaxe: galiciaves(arroba)yahoogroups.com

Subscribir: galiciaves-subscribe(arroba)yahoogroups.com

Cancelar subscrición: galiciaves-unsubscribe(arroba) yahoogroups.com

Propietario: galiciaves-owner(arroba)yahoogroups.com

------------------------------

3

Colaborando nos grupos de traballo que están activos no seo da SGO (ver aquí).

------------------------------

4

Enviando as túas citas de interese (ver aquí como facelo e aquí os criterios) para os Anuarios das Aves de Galicia (a través da mesma ficha que o Noticiario, descarregábel aquí), ao correo electrónico de: anuario(arroba)sgosgo.org ou ao apartado de correos 581, 15080 Santiago de Compostela, Galicia.

Lembrámoste que o prazo para o envío das túas citas para o Anuario das Aves de Galicia 2007 está xa aberto. Anímate a participar!

O próximo anuario en saír será o correspondente ao ano 2004. Podes descarregar de balde algúns volumes anteriores aquí, aquí e aquí. Para conseguir os volumes publicados (desde 1992-93 a 2003), agás os esgotados, contáctanos en: sgosgo(arroba)sgosgo.org. 

Están pendentes de publicación os Anuarios correspondentes aos anos 2005 e 2006. 

------------------------------

5

Ademais, desde a SGO está previsto editar un volume especial do Anuario das Aves de Galicia, con citas non publicadas por calquera razón en anteriores anuarios (desde o Anuario 1992-93 até o Anuario 2002), e incluso citas de anos e decenios anteriores, que levará por título Anuario das Aves de Galicia: Especial Décimo Aniversario (1992-2002). Podes obter máis información sobre este proxecto aquí.

------------------------------

6

Enviando as túas citas de aves raras en Galicia ao Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía. Como? Poder velo aquí

------------------------------

7

E, claro, facéndote soci@ da SGO! Podes ver porque e como facelo aquí.  

Para calqueira dúbida ou eventual corrección de citas no Noticiario ou Anuarios, contactádenos a través de sgosgo(arroba)sgosgo.org, anuario(arroba)sgosgo.org ou no apartado de correos 581, 15080 Santiago de Compostela, Galicia.

Graciñas!