O Comité Avifaunístico da Sociedade Galega de Ornitoloxía é o comité permanente de dita ONG encargado de:
- Levar de forma colexiada a tarefa de homologar e dar a coñecer as observacións de aves raras ou das que falte información no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non se traten de taxóns sometidos a homologación polo Comité de Rarezas de la Sociedad Española de Ornitología (CR/SEO);
- Categorizar os taxóns observados en Galicia, segundo o sistema A-E recomendado pola Association of European Rarities Committees (AERC);
- Elaborar e manter a lista de taxóns das aves de Galicia, que levará o nome de Lista Padrón das Aves de Galicia.
Podes contactar co Comité para a remisión de rexistros e fotografías e para a realización de consultas a través deste enderezo de correo electrónico: comite(arroba)sgosgo.org
DOCUMENTOS
INFORMES PUBLICADOS
Observacións de aves raras en Galicia: ano 2005
Observacións de aves raras en Galicia: ano 2006
Observacións de aves raras en Galicia: ano 2007
Observacións de aves raras en Galicia: anos 2008 e 2009
Observacións de aves raras en Galicia: anos 2010 e 2011
Observacións de aves raras en Galicia: anos 2012 e 2013
Observacións de aves raras en Galicia: anos 2014 e 2015
Observacións de aves raras en Galicia. anos 2016 e 2017
- Actualizado: 17 Setembro 2020